Actividades

Xornada Anual de Muller e Ciencia

A Unidade de Muller e Ciencia realizará cada mes de decembro unha xornada que ten como obxectivos dar a coñecer as actuacións da propia Unidade e servir como un espazo de debate e de presentación de propostas por parte de todos os axentes públicos e privados que interveñen nos eidos científico e educativo.
Esta xornada ten como obxectivo dar a coñecer as actuacións da propia Unidade. e servir como un espazo de debate e de presentación de propostas por parte de todos os axentes públicos e privados que interveñen nos eidos científico e educativo.

 

Cadernos da Unidade de Muller e Ciencia

Baixo esta denominación ve a luz unha colección propia e estable na que se publicarán estudos emanados da propria unidade e/ou a traducción doutros que se consideren de interese. Terá un carácter divulgativo e unha periodicidade semestral. O primeiro exemplar da colección corresponde ao estudo As mulleres no Sistema Educativo de Galicia: situación actual. O texto analiza a situación das mulleres durante todo o sistema educativo galego, recopilando datos correspondentes tanto á súa presenza no alumnado como no profesorado.

 

Estatísticas e indicadores

As institucións e organismos internacionais que manifestan un compromiso coa igualdade de xénero levan décadas recomendando que a recollida de datos sexa sempre desagregada por sexo, primeiro paso imprescindible para a visibilización das desigualdades e a detección de desequilibrios de xénero.

A nivel galego destaca a Lei 16/2006, de 27 de decembro, do Plan Galego de Estatística 2007-2011, que inclúe, entre os seus obxectivos o de “avanzar ata a consideración de xénero como unha parte integrante da actividade estatística. Neste senso, as operacións nas que se contemplen dados sobre persoas deberán de recollerse e difundirse por sexo” (artigo 7.1).

Neste ámbito, a Unidade de Muller e Ciencia de Galicia ten como obxectivos:      

  • Promover ante as institucións e organismos con responsabilidade nos ámbitos científicos e tecnolóxicos galegos a unificación de criterios na elaboración de indicadores desagregados por sexos.
  • Instar aos organismos estatísticos oficiais á incorporación de forma normalizada, nas estatísticas que elaboran, de datos relativos á presenza feminina nas actividades de I+D+i co fin de obter información específica de carácter cuantitativo e/ou cualitativo.

Igualmente, a Unidade promoverá entre os centros educativos, universidades, centros públicos de investigación, centros tecnolóxicos, sistema público sanitario e, lóxicamente, nos propios departamentos da Secretaría Xeral da Igualdade, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía e Industria a obriga de desglosar os datos por sexo en todas as publicacións, estudos, rexistos que contemplen datos sobre persoas.

A este respecto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ten como obxectivo a delimitación e consolidación dunha listaxe de indicadores clave en materia de ciencia e xénero coa fin de promover a súa recompilación anual.

 

Ciclo de Conferencias “Muller e Ciencia”

No ano 2008 a Unidade de Muller e Ciencia porá en marcha un ciclo de conferencias que abordará diferentes aspectos da relación entre mulleres e ciencia.

 

Estudo histórico da contribución das Mulleres Galegas á Ciencia e á Tecnoloxía

No marco do Programa Galego de Muller e Ciencia, a Unidade ten prevista a elaboración dun estudo histórico que permita a difusión e visibilización na sociedade das contribucións feitas polas mulleres en Galicia á ciencia e á tecnoloxía.

 

Estudo sobre a situacion das Mulleres na I+D+i en Galicia

Este estudo analiza a situación das mulleres que se dedican á investigación no ámbito privado, isto é, no ámbito da investigación industrial, tomando como punto de partida para a realización de enquisas as empresas demandantes de subvencións da Dirección Xeral de I+D+i. Este estudo será publicado como o Caderno nº 2 da colección Cadernos da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia. Aquí presentamos un avance dos primeiros resultados.

 

Directorio do Sistema público e privado de I+D+i

Co obxectivo de visibilizar ás mulleres investigadoras galegas tanto no ámbito da investigación pública como no da investigación industrial crearase un directorio de investigadoras.