A lingua galega no ámbito empresarial. Usos e representacións sociolingüísticas.

Título: A lingua galega no ámbito empresarial. Usos e representacións sociolingüísticas.

Autor/a: Valentina Formoso Gosende

Centro de lectura: Facultade de FILOLOXÍA

Data Lectura: 4 Xul 2005

Departamento: Depto. de FILOLOXÍA GALEGA

rátase dunha investigación sobre a situación da lingua galega no ámbito empresarial da Comunidade Autónoma. Por unha banda realizouse unha análise diacrónica sobre a historia da normalización da lingua na empresa en Galicia (1ª parte da investigación), dedicándolle unha parte importante á revisión das medidas levadas a cabo pola administración autonómica neste eido, así coma a outras iniciativas fóra da administración. Por outra banda (e ocupando a segunda parte da tese), analizouse sincronicamente a situación da lingua en Santiago de Compostela, un núcleo urbano dos menos castelanizados e, polo tanto, dos máis próximos á realidade global galega. Combinouse unha metodoloxía cuantitativa e cualitativa para facer unha descrición dos usos (mediante cuestionario) e das representacións sociolingüísticas (mediante grupos de discusión) da empresa compostelá. Ó tempo que se realizaron as 120 entrevistas para pasarlle o cuestionario ós directivos doutras tantas empresas, tamén se fixo observación dalgúns usos orais (atención ó público) e escritos (rotulación e papelería basicamente). As respostas e comentarios dos directivos complementáronse co discurso dos dous grupos de discusión realizados: un protagonizado por directivos e outro por traballadores.A análise dos resultados realizouse baixo o marco teórico da escola catalano-occitana centrada nas representacións sociolingüísticas e cunha intención claramente intervencionista. De aí que, ademais da descrición da situación (caracterizada polo peso de moitas representacións negativas sobre o galego que conviven con algunhas positivas), se finalice o traballo investigador coa proposta dalgunhas medidas de planificación.

Director/a: Manuel González González e María Carmen Alén Garabato

Áreas: Humanidades,Universidade de Santiago de Compostela