La evaluación de los estudiantes universitarios: el caso de la Universidad de Santiago de Compostela

Título: La evaluación de los estudiantes universitarios: el caso de la Universidad de Santiago de Compostela

Autor/a: Mónica Porto Currás

Centro de lectura: Facultade de CIENCIAS DA EDUCACIÓN

Data Lectura: 27 Maio 2005

Departamento: Depto. de DIDÁCTICA E ORGANIZACIÓN ESCOLAR

Esta Tese Doutoral ten por obxectivo á detección de problemas e necesidades percibidos por estudantes e profesores universitarios en materia de avaliación de estudantes. Nesa dirección, resolve coñecer cómo se avalía aos estudantes na Universidade de Santiago de Compostela a partir do contraste das percepcións de estudantes e de profesores universitarios, e utilizar esta información como indicador da calidade do ensino universitario, co fin de identificar os puntos fortes e as debilidades deste proceso e ver posibles liñas de millora. Para esto, procedimos a revisar a actual investigación sobre a calidade da Universidade, ó obxecto de contextualizar o problema da avaliación dos estudantes no marco institucional en que este proceso se leva a cabo, analizando en que medida as características da institución universitaria van condicionar a forma en que se realiza a avaliación dos seus alumnos. Unha vez realizada esta contextualización, presentamos tamén unha análise sistemática da teoría da avaliación de estudantes, na cal identificamos o modelo que asumimos e que nos permite valorar como se está levando a cabo na práctica este proceso nas aulas universitarias. Precisamente esto constitúe o obxectivo máis específico da nosa investigación empírica, que se sitúa no paradigma interpretativo, toda vez que fundamentalmente damos voz aos actores do proceso de avaliación de estudantes, buscando iluminar ese proceso e promover unha mellor comprensión do mesmo. O noso obxecto de estudio son, por tanto, as percepcións que os estudantes e profesores universitarios teñen sobre a práctica da avaliación na Universidade; percepcións ás que accedimos mediante cuestionarios e entrevistas, das que presentamos a descripción sistemática para, inmediatamente, analizar hasta qué punto existen diferencias nas apreciacións de ambos colectivos considerando, ademáis, a área de coñecimento na que se atopan. Así, e basándonos nas coincidencias entre os diferentes colectivos establecemos no capítulo final desta Tesis o que podería considerarse un perfil da avaliación de estudantes na Universidade de Santiago de Compostela a través de 20 características. Perfil que, ademáis, quixemos contrastar coa que sería ó noso xuizo a alternativa máis positiva hacia a que debería tender a avaliación de estudantes de forma que, a partir do coñecimento da realidade coa que contamos, establecer algunhas das posibles liñas de actuación que, na nosa opinión, contribuirían tanto á millora cualitativa da avaliación de estudantes en particular como do proceso de ensino-aprendizaxe en xeral.

Director/a: Felipe Trillo Alonso

Áreas: Ciencias Sociais,Universidade de Santiago de Compostela