Fundamentals of potential applications of ionic liquids in solvent extraction and absorption refrigeration

Título: Fundamentals of potential applications of ionic liquids in solvent extraction and absorption refrigeration

Autor/a: Héctor Martínez Rodríguez

Centro de lectura: Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Data Lectura: 15 Dec 2006

Departamento: Depto. de ENXEÑARÍA QUÍMICA

Nesta tese estúdianse as oportunidades dos líquidos iónicos como disolventes en extracción líquido-líquido para a separación de éteres terciarios e alcois, e de hidrocarburos aromáticos e alifáticos. Tamén se explora o uso de líquidos iónicos en disolución acuosa como absorbentes en ciclos de refrixeración por absorción con auga como refrixerante. Nunha primeira parte, o equilibrio líquido-líquido de varios sistemas ternarios ETBE + etanol + líquido iónico e hexano + benceno + líquido iónico determinouse experimenalmente. Os datos experimentais analizáronse e correlacionáronse, e interpretáronse os resultados. Presentouse o concepto novidoso de líquidos iónicos mutuamente inmiscibles, e examinouse de xeito preliminar o seu potencial uso en extracción con disolvente. Para avaliar a posibilidade de utilizar líquidos iónicos hidrofílicos en combinación con auga en ciclos de refrixeración por absorción, estudiáronse varioas propiedades termofísicas de mesturas auga + líquido iónico. Concretamente, esas propiedades foron densidade, viscosidade e calor específica. Analizouse a influencia da temperatura e a composic ión. A partir do traballo experimental desenvolvido, obsérvase que os líquidos iónicos poden constituír unha opción interesante no deseño de procesos de extracción con disolvente ou porcesos de refrixeración por absorción.

Director/a: Alberto Arce Arce e Ana María Soto Campos

Áreas: Ciencias Experimentais,Universidade de Santiago de Compostela