El malestar laboral en los docentes de universidad: una aproximación multidimensional.

Título: El malestar laboral en los docentes de universidad: una aproximación multidimensional.

Autor/a: María José Santiago Martiño

Centro de lectura: Facultade de PSICOLOXÍA

Data Lectura: 29 Xun 2005

Departamento: Depto. de PSICOLOXÍA CLÍNICA E PSICOBIOLOXÍA

O malestar laboral, xa sexa baixo a rúbrica de estrés, burnout o insatisfacción labor, consolidouse nas últimas décadas como un dos principais retos contemporáneos para a comunidade científica interesada no campo das ciencias sociais e da salude. Este inusitado interés se fundamenta, entre outros factores, en su creciente incidencia no colectivo docente, nos costes (personais, laborais, sanitarios, sociais,...) que representa, e na urxente necesidade de identificar os flancos polos que a prevención e/o intervención deben emprender seu ataque. Engadindo a estas consideracións, a notable ausencia de estudios acerca do estrés o burnout nos profesores universitarios, constituen o argumento, diseño e plantemento deste traballo. %&/En efecto, esta investigación aborda dende unha perspectiva integradora o malestar laboral, incluindo sus distintas manifestacións (estrés, burnout e insatisfacción laboral) nos docentes universitarios. O traballo se dividiu en dous partes claramente diferenciadas: parte teórica e parte empírica.%&/Na primeira parte, que comprende catro capítulos, ademais do acercamento histórico-conceptual, profundizase nas distintas variables que intervieñen no "proceso" de malestar laboral, sin descuidar a sempre obrigada revisión da literatura ao respecto. Concretamente, os avatares definicionais (con sus conseguintes polémicas e controversias), o desenvolvemento dos principais modelos explicativos e a evaluación do estrés e do burnout dan corpo ao Capítulo 1. No Capítulo 2 realízase un acercamento aos "elementos" do proceso que da cobertura ás fontes e aos distintos tipos de resposta (psicolóxica vs. fisiolóxica) de estrés. O percorrido polos distintos factores moduladores do proceso de estrés adquere protagonismo no Capítulo 3; en particular, o apoio social, o afrontamento e algunhas variables de personalidade (Patrón de Conducta Tipo A, dureza e optimismo) que os estudiosos do campo vincularon dende frentes predictivos e/o explicativos cos fenómenos analizados, constitúen os argumentos do desenvolvemento deste capítulo. O último capítulo desta primeira parte (Capítulo 4) recolle unha exhaustiva revisión dos estudios realizados en torno ao estrés, burnout e insatisfacción laboral nos docentes. A selección de estudios realízase, como no podería ser doutro xeito , en función de todolos determinantes desenvolvidos nos capítulos previos, presentándose, ademais, na parte final do capítulo as "taboas-resume" que recollen todolos estudios.%&/A parte empírica estrutúrase en tres capítulos claramente diferenciados. Capítulo 5 incluie o planteamento do problema, os obxectivos do traballo e as cuestións do procedemento: mostra (N = 628 profesores de universidade) e descripción en función de distintos parámetros sociodemográficos, variables e instrumentos de medida e os análise estadísticos que realizánse. Os resultados da investigación, articulados en torno a dous estudios empíricos, conforman o Capítulo 6. No primeiro estudio, ademais de los análise descriptivos que nos acercan grosso modo ao estado da cuestión, se sométense a proba os distintos estresores e síntomas en función do nivel autoinformado de estrés e burnout dos docentes universitarios; os resultados confirman, con claridade, a existencia de diferencias significativas das variables analizadas en función destes indicadores de malestar laboral. O obxectivo fundamental do segundo estudio é clarificar empíricamente a existencia de comunalidades e/o diferencias entre tres indicadores de malestar laboral: estrés, insatisfacción e burnout; a partir dos resultados obtidos constátase que os fenómenos de estrés, insatisfacción laboral e burnout están ampliamente interrelacionados e que existen comunalidades importantes entre os mesmos. Por último, no Capítulo 7 se discuten os resultados e se presentan as principais conclusións. %&/ En resume, nesta investigación examinase a relación entre as diferentes manifestacións do malestar laboral nos profesores de universidade para clarificar no só a natureza e alcance do estrés, burnout e insatisfacción laboral, senón tamén para determinar cales son seus correlatos e predictores.

Director/a: José Manuel Otero López

Áreas: Ciencias Sociais,Universidade de Santiago de Compostela