Drogadicçao na adolescencia, políticas de açao e modelos educativos de prevençao: estudo comparativo entre estudantes da rede...

Título: Drogadicçao na adolescencia, políticas de açao e modelos educativos de prevençao: estudo comparativo entre estudantes da rede de Ensino Medio de Porto Alegre-RS-Brasil.

Autor/a: Elizabeth Remor Krowczuck

Centro de lectura: Facultade de CIENCIAS DA EDUCACIÓN

Data Lectura: 26 Set 2005

Departamento: *Depto. de MET. E TECN. DE INVEST. EN CIENCIAS DO COMPORTAMENTO E DA EDUCACIÓN

O estudio desta tese sobre a drogadicción na adolescencia pretendeu descubrir,a traveso do análise do Estilo de Vida dos pais e do propio adolescente, indicadores de factores de risco (nivel individual, microsocial e macrosocial) predeterminantes do consumo de sustancias psicoactivas entre os estudiantes de ensino medio da cidade de Porto Alegre RS Brasil; diagnosticar e revelar os perfiles das figuras parentais, dos adolescentes e do profesor; mostrar a descontextualización das políticas de acción e modelos de prevención ó uso e abuso de drogas referidos en programas educativos de prevención escolar; e presentar un Modelo Holístico de Prevención ó uso e abuso de drogas para as escolas da rede de ensino público e privado da cidade estudiada. Participaron da mostra mil catro (1004) adolescentes; 462 do sexo masculino e 542 do sexo feminino. Esta mostra seleccionouse, intencionalmente, de oito (8) escolas da rede estatal, das cales, catro (4) escolas da rede pública (Grupo A) e catro da rede privada (Grupo B) da cidade de Porto Alegre- RS Brasil. As idades dos suxeitos situouse entre catorce (14) e vinteún (21) anos. O instrumento empregado foi o Cuestionario sobre Estilo de Vida, para estudiantes, estructurado en dúas partes: preguntas pechadas e preguntas abertas. A metodoloxía de análise do estudio de campo foi de carácter cuantitativo con Técnicas de Estatística Descritiva (promedio e porcentaxes) e cualitativo descritivo e interpretativo asentada no Análise de Contendido (Bardin, 1977; Krowczuk, 1988) do material obtido a traveso da técnica do Torbellino de Ideas (Prado, 1995) ou brainstorming a partires das grandes categorías predefinidas, tendo en conta como referencia teórica o Psicanálise. Os resultados amosan que os estudiantes fixeron uso, algunha vez na vida, das drogas: alcohol (87,.22%); tabaco (38,55%); medicamentos (35,70%); cannabis (79,39%); inhálante / solventes (22,03%); cocaína (19,99%); alucinóxenos (6, 98%) e opiáceos (30,99%) consumiron drogas de uso ilegal algunha vez na vida; experimentadores multidrogas (48,37%). Adolescentes das escola públicas (Grupo A) presentan maior comportamento disfuncional do consumo con relación á dos privadas (Grupo B). No que se refire ós factores de risco identificados como facilitadores para o uso e abuso de sustancias psicoactivas destacan: conflictividade persoal; inmadurez; baixa autoestima e autoimaxe corporal e social; ansiedade; depresión; victimización; estilo de vida irreverente (busca emocións, rebeldía); motivacións sociais, experimentais, sintomatolóxicas e psicocognitivas do uso; influenza da conducta aditiva dos pais, dos lideres de clase, dos amigos e grupos de iguais, dos medios de comunicación e publicidade; estructura familiar deteriorada; sufrimento psíquico; presencia de patoloxía socio-familiar; illamento e conflictos interpersonais nas relacións con parentes, con compañeiros e profesores; insuficiente grao de coñecemento sobre consecuencias de uso; non ter relixiosidade; estilo de vida dos pais/nais (valores, hábitos, actitudes);estilo de educar antipsicopedagóxico (pais, profesores);falta de preparación dos pais e profesores ó abordar as consecuencias do uso; ausencia de estímulos do potencial creativo; ausencia do proxecto de vida persoal; fracaso escolar; exclusión social e escolar; marxinalidade; delincuencia; actitude social permisiva; poder de adquisición de drogas; pertencer a nivel socioeconómico máis elevado; ausencia de integración familia x escola x liderazgo da comunidade residencial; ausencia de planeamento estratéxico de programas de prevención; uso excesivo de mecanismos de defensa (familia, profesores, estudiantes, sociedade); comunicación de dobre vínculo (doublé bind) pais e profesores. Os factores de risco identificados e as suxerencias dos estudiantes conduciron a elaboración do Modelo Holístico de Prevención. As políticas públicas vixentes revelan modelos de prevención ó consumo de drogas fóra do contexto e un discurso social inoperante dos gobernantes (nivel Municipal, Estatal e Federal) do país.

Director/a: David de Prado Díez

Áreas: Ciencias Sociais,Universidade de Santiago de Compostela