Características psicopatológicas de personas dependientes de la cocaína en tratamiento

Título: Características psicopatológicas de personas dependientes de la cocaína en tratamiento

Autor/a: Ana López Durán

Centro de lectura: Facultade de PSICOLOXÍA

Data Lectura: 27 Set 2005

Departamento: Depto. de PSICOLOXÍA CLÍNICA E PSICOBIOLOXÍA

Analizar aspectos relacionados co consumo de cocaína é relevante nestes momentos debido ó importante incremento no o consumo desta sustancia. Por outra banda a relación entre consumo de drogas e psicopatoloxía tamén é un tema de interés nestes momentos pola interferencia que pode ter no tratamento. O estudio ten por obxetivos: analizar as características sociodemográficas, características relacionadas co consumo de drogas, determinadas características psicopatolóxicas e patróns de personalidade, e establecer a existencia de tipoloxías entre os dependentes da cocaína que están en tratamento.A mostra está formada por 115 persoas con diagnóstico de dependencia da cocaína que están en tratamento en Centros de Drogodependencias de Galicia. Estas persoas tiñan que ter un mínimo de 3 semáns de abstinencia no consumo de cocaína e un máximo de 6 semáns, para poder facer a avaliación. Respecto ós instrumentos de avaliación unha parte foron elaborados específicamente para o estudio e outros foron seleccionados pola súa relevancia nos ámbitos clínicos e de investigación, son os seguintes: BDI, STAI, AUDIT, MCMI-II e SCL-90-R.Os principais resultados que acadamos son os seguintes: respecto ás características sociodemográficas e do consumo, o 86.1% da mostra son homes, e a idade media é de 30.9. Para o 54.8% este é o seu primeiro tratamento por problemas co consumo de drogas, a idade media de inicio do consumo de cocaína é de 19.8 e levan unha media de 11 anos consumindo cocaína. A vía principal de consumo é a esnifada (76.5%) e a frecuencia de consumo antes de iniciar o tratamento é diaria (45%) ou semanal (41.7%). Ó 28.7% sinala que tomou heroína algunha vez na súa vida.Respecto as características psicopatolóxicas: o 15.7% dos suxeitos presentan sospeita de dependencia do alcohol, o 54.8% e o 72.2% teñen unha puntuación en ansiedade estado e en ansiedade rasgo, respectivamente, por enriba da media da poboacion xeral, o 27.8% presenta sospeita de depresión moderada ou grave, no SCL-90-R as escalas cunha puntuación máis alta son a de depresión, obsesión-compulsión, ideación paranoide e sensibilidade interpersonal, no MCMI-II as escalas básicas nas que unha mayor porcentaje de persoas obtiveron unha TB>74 son a pasivo-agresiva, antisocial, narcisista e histriónica, e nas escalas de personalidade patolóxica son a límite e a paranoide.Na avaliación que fai o terapeuta de cada suxeito, obtivemos que hai unha notable melloría no funcionamento dos suxeitos cando comparamos os datos da avaliación inicial, cos datos ós 3 e 6 meses. Ademáis, ós 3 meses o 48.5% da mostra non voltara a consumir cocaína e ós 6 meses era o 35.8% a tasa de abstinencia.A partir dun análise cluster sinalamos a existencia de duas tipoloxías entre as persoas con dependencia da cocaína en tratamento: tipo A formada por 37 suxeitos e tipo B formado por 78. As diferencias entre ambos grupos non se establecen en función das características psicopatolóxicas senón en función de variables sociodemográficas e características do consumo, concretamente: os do tipo A teñen unha idade media superior, empezaron antes a consumir cocaína e polo tanto levan máis anos consumindo esta sustancia. Todos os que consumiron heroína algunha vez na sua vida pertencen ó tipo A e tamén pertencen a este grupo todos os que consideran que a vía inxectada como vía principal de consumo de cocaína.Para finalizar tres conclusións:1.-Os resultados obtidos respecto ás características sociodemográficas e de consumo coinciden con outros estudos publicados no extranxeiro e no noso país. Respecto ás características psicopatolóxicas os datos tamén coinciden con estudos publicados, excepto a puntuación media obtida no STAI que é inferior á que nos sinalamos na hipótese, e a porcentaxe de sospeita de dependencia do alcohol que tamén é inferior á que sinalamos na hipótese.2-Sinalamos a existencia de duas tipoloxías entre as persoas que están en tratamento por dependencia da cocaína que se diferencian a partir de características sociodemográficas e de consumo. Non se diferencian apenas en función das características psicopatolóxicas.3.-Resaltar a importancia da avaliación psicolóxica, xa que nos permita obter datos obxetivos para planificar o tratamento e facer un seguimento da evolución. Ademáis nunca pequena porcentaxe de persoas esta vai a ser o paso previo para unha avaliación máis precisa que determinará a existencia dunha patoloxía dual.

Director/a: Elisardo Becoña Iglesias

Áreas: Ciencias Sociais,Universidade de Santiago de Compostela