Análisis textual del discurso legitimador de las Farc-Ep

Título: Análisis textual del discurso legitimador de las Farc-Ep

Autor/a: María Idaly Barreto Galeano

Centro de lectura: Facultade de PSICOLOXÍA

Data Lectura: 17 Feb 2005

Departamento: *Depto. de PSICOLOXÍA SOCIAL E BÁSICA

No presente traballo analízanse as crenzas que son difundidas ao través do discurso como a estratexia principal dos grupos armados para lexitimar a violencia política. Para elo, selecciónanse diversas publicacións da páxina Web das Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia (Farc-Ep) nun período de tempo de cinco anos (desde 1997 ata 2001). Para a análise do discurso emprégase a metodoloxía da análisse estatística de datos textuais co propósito de organizar, describir, resumir e comparar o discurso lexitimador da violencia en Colombia dunha forma sistemática que conduza á análise da estructura e o contenido do discurso. Para a análise dos datos utilízase o software SPAD e DTM. Os resultados da análise estatística do discurso amosa que a estratexia xeral do discurso ideolóxico fundaméntase, inicialmente, en diferenciar e categorizar grupos sociales. Posteriormente, identifícanse cinco categorías de análise que permiten estudiar as propiedades ideolóxicas do discurso: conflicto intergrupal, alternativas de solución ao conflicto, elementos lexitimadores, elementos deslexitimadores e elementos contextuais. Dentro destas propiedades, encontramos principalmente presentar ao endogrupo como defensor das solucións dialogadas e pacíficas, facendo especial fincapé tanto na disposición das Farc-Ep por resolver o conflicto como na falla de vontade do Goberno por encontrar solucións ao mesmo. Brinda-los argumentos necesarios aos membros do movemento, simpatizantes, audiencia e incluso oponentes e autoridades que lexitimen o uso da violencia. Entre as categorías máis empregadas no discurso das Farc-Ep atopamos: causas de loita e victimismo. Para completa-la estratexia lexitimadora da violencia política, o discurso das Farc-Ep fai fincapé nas características negativas do adversario. Para elo, as categorías máis empregadas son: proscripción, atribución externa de responsabilidade, caracterización negativa das accións, caracterización negativa de rasgos e uso de rótulos políticos.

Director/a: José Manuel Sabucedo Cameselle

Áreas: Ciencias Sociais,Universidade de Santiago de Compostela