Análise das estratégias de formaçao continuada de diretivos de instituiçoes de ensino fundamental (7 a 14 anos) e proposta de...

Título: Análise das estratégias de formaçao continuada de diretivos de instituiçoes de ensino fundamental (7 a 14 anos) e proposta de elaboraçao e desenvolvimento de projetos pedagógicos das escolas

Autor/a: Cleusa Couto de Oliveira

Centro de lectura: Facultade de CIENCIAS DA EDUCACIÓN

Data Lectura: 18 Feb 2005

Departamento: *Depto. de MET. E TECN. DE INVEST. EN CIENCIAS DO COMPORTAMENTO E DA EDUCACIÓN

Este traballo ten como obxectivos investigar cáles son as estratexias de formación continua de directivos de institucións de ensino fundamental (7 a 14 anos) e estudiar qué propostas de elaboración e desenvolvemento de proxectos pedagóxicos escolares veñen ocorrendo nas escolas da rede estatal na rexión serrana do Estado de Santa Catarina (Brasil), no período entre 1982 e 2004. A mostra deste estudio contén os seguintes datos: identificación dos directores/as escolares (xestión 1998-2002), integrada por 56 membros, e datos dos diferentes cursos de formación de directivos escolares. A metodoloxía utilizada nesta investigación é de natureza cualitativa e cuantitativa, e posee carácter descriptivo. En canto ás fontes empregadas existe unha investigación bibliográfica, documental e empírica. A sistematización desta tese de doctorado atópase formalizada en cinco capítulos. No primeiro, elabórase un estudio sobre o contexto político educacional de Brasil, enfatizando a rexión serrana do Estado de Santa Catarina. No segundo, realízase unha investigación documental e bibliográfica sobre os documentos oficiais orientadores da elaboración de proxectos para a formación continua de directores escolares. No terceiro, realízase unha investigación sobre as estratexias de formación continua para directivos escolares nos últimos 22 anos. No cuarto, elabórase unha investigación bibliográfica, sobre a aportación teórico-orientadora da análise das necesidades formativas dos directores escolares, en relación ás competencias requeridas para a xestión e organización escolar de carácter democrático. No quinto, realízase unha investigación empírica sobre as necesidades formativas expresadas, e sentidas, polos directores das escolas de ensino fundamental da rede estatal, na práctica de implementación da xestión democrática no período de 1998-2000. As conclusións obtidas permiten afirmar que a partir de 1982 pasou a existir un amplo movimento de apoio ós directores escolares sobre os procesos de democratización da xestión e organización das escolas da rexión serrana de Santa Catarina. En canto ó logro da autonomía das escolas, aínda persisten dificultades, debido ó feito de que as decisións administrativas son centralizadas, a pesar de todo o discurso democrático participativo no ámbito das políticas públicas.

Director/a: Luis Sobrado Fernández

Áreas: Ciencias Sociais,Universidade de Santiago de Compostela