Guía para a xestión de proxectos coeducativos

Autor/a: 
Xunta de Galicia
Entidade: 
Xunta de Galicia
Ano publicación: 
2009

Coeducar significa algo máis que introducir novos contidos e realizar determinadas actividades, esixe unha reformulación da totalidade dos elementos implicados nos procesos ensino-aprendizaxe: orientacións metodolóxicas, contidos curriculares, organización xeral do centro e natureza das relacións entre as persoas que forman parte da comunidade educativa. Implica revisar os materiais didácticos, o uso que se fai da linguaxe, observar a distribución e o uso de tempos e espazos por nenas e nenos, a detección de cargos e o repartimento de responsabilidades, as actitudes e a mensaxe que se transmite a través do denominado currículo oculto, pois non é posible promover un desenvolvemento da personalidade democrático e igualitario, ao tempo que se manteñen actitudes, discursos ou condutas sexistas.