Plano de igualdade de xénero na carreira científica da Axencia Estatal CSIC (2007-2009)

Autor/a: 
Comisión de Mulleres e Ciencia do CSIC
Entidade: 
CSIC
Ano publicación: 
2007

O Plano de Igualdade de Xénero é unha parte integral da estratexia científica do CSIC, recollida en forma preliminar no Plano Estratéxico 2006-2009, e dos programas que compoñen esta estratexia.

O Plano de Igualdade apoia a implementación sistemática de políticas científicas de equilibrio e está comprometido cos mellores intereses da investigación científica. Neste senso, persegue o apoio á mellor investigación posible, á eliminación de estereotipos e barreiras que impliquen a reiteración de calquera tipo de desigualdade, co fin de ofrecer condicións de igualdade real entre mulleres e homes no acceso ao Organismo e no desenvolvemento da carreira profesional de ambos.

O propósito e as medidas concretas deste Plano de igualdade converxen nos seguintes obxectivos básicos:

a) Fomentar a elección da carreira investigadora entre as licenciadas e doutoras.

b) Asegurar o respeto dos principios de igualdade de trato de mulleres e homes nos procesos de reclutamiento de novo personal investigador, no crédito á autoría dos traballos de investigación e no recoñecemento institucional dos méritos investigadores.

c) Garantir a incorporación en termos paritarios de mulleres cunha carreira científica consolidada aos comités de expertos, grupos de traballo, cargos designados e órganos de selección de personal dentro do CSIC.

d) Velar pola equidade (a igualdade de méritos científicos) na distribución de medios e recursos, tanto internos coma externos á Institución, pois así se incrementan as perspectivas das mulleres para competir en igualdade de oportunidades na obtención de prazas e promocións.

e) Velar para que os/as investigadores principais dos proxectos de investigación respeten os principios de igualdade de trato de mulleres e homes (procesos de reclutamiento de novo personal investigador, división do traballo dentro do proxecto, igualdade nas condicións de traballo e igualdade no recoñecemento dos seus logros).

f) Tratarase de acadar o 45% no número de mulleres que acceden á escala de Científico Titular e se intentará incrementar o número de mulleres nas categorías superiores da carreira científica.