XII Premio L’Oréal-UNESCO “A Muller e a Ciencia"

04/11/2009
Entidade: 
Firma L’Oréal e a UNESCO

A firma L’Oréal e a UNESCO, asociadas no Programa “A Muller e a Ciencia”, anunciaron o pasado mes os nomes das cinco eminentes científicas dos cinco continentes que van a recibir o Premio LORÉAL-UNESCO de Ciencias da Vida 2010.

As cinco científicas galardoadas en 2010, seleccionadas por un xurado presidido por Günter Blobel, Premio Nobel de Medicina (1999), son:

  • Rashika El Ridi (África y Estados Árabes): Profesora da Universidade de El Cairo (Egipto), recompensada por ter aberto paso cos seus traballos á elaboración dunha vacina contra a enfermidade tropical da esquistosomiasis (bilharziosis).
  • Profesora Elaine Fuchs (América del Norte): Profesora da Universidade Rockfeller (Estados Unidos), galardoada pola súa contribución ao coñecemento da bioloxía da epidermis e das células cepa da pel.
  • Alejandra Bravo (América Latina): Profesora do Instituto de Microbioloxía Molecular da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), recompensada polos seus traballos sobre unha toxina bacteriana que actúa como potente insecticida.
  • Profesora Lourdes J. Cruz (Asia y el Pacífico): Profesora de Instituto de Ciencias do Mar da Universidade de Filipinas Diliman, premiada polo descubrimento das toxinas de caracolas marinas que poden servir de instrumentos importantes para estudar o funcionamento do cerebro.
  • Profesora Anne Dejean-Assémat (Europa): Profesora do Instituto Pasteur (Francia), recompensada pola súa contribución ao coñecemento da leucemia e o cancro do fígado.
  • A ceremonia de entrega dos premios terá lugar o 4 de marzo de 2010 na sede da UNESCO. Cada unha das galardoadas recibirá una recompensa en metálico de 100.000 dólares pola súa contribución á ciencia. 

 

Maís información