Subvencións Programa de Promoción Xeral de Investigación do Plan G. de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica

11/04/2008
Entidade: 
Consellería de Innovación e Industria-Dirección Xeral de I+D+i
Publicada en: 
DOG

Orde do 3 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes ao Programa de Promoción Xeral de Investigación do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

Para as axudas para a elaboración de propostas para o VII Programa Marco, o prazo de presentación das solicitudes rematará o 30 de xuño de 2008; para as axudas para proxectos de investigación básica, axudas para organización e asistencia a congresos e reunións científicas o prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.

 

Mais información