Simposio "Muller, Participación e Igualdade: Universidades, Política Local e Movemento Asociativo"

27/05/2011

Datas de vixencia e lugar de celebración

13/05/2009 - 14/05/2009
Universidade da Coruña, Facultade de Socioloxía
Entidade: 
Comisión de Estudos de Xénero e Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada

O simposio ten como finalidade:

  • Analizar e avaliar a participación das mulleres e o acceso a cargos públicos e postos de responsabilidade nos distintos ámbitos da administración pública galega: concellos, deputacións e universidades.
  • Analizar e avaliar a participación das mulleres no movemento asociativo e o seu acceso a postos de responsabilidade.

En relación coa aplicabilidade do Simposio, preténdese en primeiro lugar unha diagnose da situación actual, o que facilita a implementación de medidas de intervención. En segundo lugar, neste tratarase de elaborar propostas concretas de intervención social.

Vai dirixido a especialistas en xénero, traballo social, gabinetes de igualdade, profesorado universitario e persoal investigador, membros de partidos políticos e asociacións, e a estudantes e público en xeral.

Como actividade previa e complementaria do Simposio, o día 12 de maio celebrarase o Café-Obradoiro de debate "Xénero, participación e toma de decisións no asociacionismo galego e nas ONG".

Ligazóns:
Simposio do PARXE

AdxuntoTamaño
Programa do Simposio "Muller, Participación e Igualdade [pdf]606.33 KB