Conferencia "A carreira das mulleres na empresa e na investigación pública: ¿Que solucións a melloran?"

07/07/2009

Datas de vixencia e lugar de celebración

10/10/2009
Université París
Entidade: 
Association Femmes & Sciences

 Esta conferencia porá en dúbida a valoración da carreira das mulleres e compara a traxectoria profesional destas e dos homes tanto nas empresas como na investigación pública.

Centrarase nas condicións que conducen ao "teito de cristal", o cal impide que as mulleres obteñan altos cargos, e sobre todo en como facer fronte a estas condicións.

Analizaranse as accións destinadas a axudar a novas científicas para conseguir o éxito pleno nas súas carreiras.

Introduciranse algunhas comparacións a nivel europeo e presentaranse medidas específicas adoptadas en varios países.

Esta conferencia reunirá a persoal especialista en Ciencias Humanas (ademais doutras disciplinas), institucións e empresas líderes e o público en xeral.

Ligazóns:
European Platform of Women Scientists


AdxuntoTamaño
Programa da Conferencia "A carreira das mulleres na empresa e na investigación pública: ¿Que solucións a melloran?" [pdf]2.01 MB