Bolsas para a realización de estudos de terceiro ciclo nas universidades do Sistema Universitario de Galicia

01/10/2008

Datas de vixencia e lugar de celebración

01/09/2008
Entidade: 
Consellería de Educación e ordenación universitaria
Publicada en: 
DOG

Estas axudas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, serán de nova adxudicación ou de prórroga dos estudos de terceiro ciclo nas universidades do sistema universitario de Galicia.Estas bolsas están destinadas aos alumnos univeristarios que teñana aprobadas todas as disciplinas requeridas para a obtención do título universitario de licenciado, enxeñeiro superior ou arquitecto, incluído o proxecto fin de carreira. Estas bolsas poderanse prorrogar por unha soa vez e para un só programa de doutoramento.A duración das bolsas é de 12 meses comprendidos entre outubro de 2008 e setembro de 2009.Estas bolsas son incompatibles con outras bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, así como soldos ou salarios que impliquen vinculación contractual do bolseiro ou calquera tipo de ingresos pola prestación de servizos profesionais ou a realización de traballo remunerado.