Bolsas de investigación L´Oreal en España

01/06/2009

Datas de vixencia e lugar de celebración

01/06/2009 - 20/07/2009
Entidade: 
L´Oreal España

O programa L’Oréal–UNESCO Por las Mujeres en la Ciencia, en colaboración co Ministerio de Ciencia e Innovación, convoca a Cuarta Edición das Bolsas de Investigación para científicas en posesión do doutorado, que vaian a desenvolver un proxecto sobre Ciencias da Vida nun laboratorio durante 2010. En total, serán 5 Bolsas de Investigación de 20.000 euros cada unha.A avaliación científica das solicitudes vai a cargo da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP) do Ministerio de Ciencia e Innovación. Este organismo remitirá os proxectos a un Comité Científico, que seleccionará ás cinco finalistas, cuxa Presidenta de Honra é a prestixiosa científica Margarita Salas.Este programa de Bolsas de Investigación é unha iniciativa local dentro do programa internacional For Women in Science que L’Oréal e a UNESCO desenvolven dende 1998 para dar visibilidade, promover o papel da muller na ciencia en todo o mundo e fomentar novas vocacións científicas.

Ligazóns:L´Oreal: cosmetics, beauty, perfumes

 

AdxuntoTamaño
Bases das bolsas [pdf]2.04 MB
Formulario das bolsas [pdf]47.03 KB