Bolsa de formación en planificación e prospectiva en materia de igualdade no ámbito da ciencia

18/03/2009

Datas de vixencia e lugar de celebración

18/03/2009 - 18/04/2009
Entidade: 
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar
Publicada en: 
DOG

A orde ten por obxecto a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, dunha bolsa de formación destinada a tituladas/os superiores universitarias/os, e proceder á súa convocatoria. A súa finalidade é contribuír á formación da/o bolseira/o en planificación e prospectiva en materia de igualdade de oportunidades no ámbito da ciencia, a través de accións e actividades de colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.Poderán solicitar a concesión destas bolsas as persoas que, entre outros requisitos, sexan tituladas/os superiores universitarias/os que obtivesen a licenciatura con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2003.A duración da bolsa comezará o día que se produza a incorporación da persoa beneficiaria, que será determinado pola Secretaría Xeral da Igualdade, e que rematará o 31 de decembro de 2009.A dotación económica da bolsa será de 1.125 euros mensuais, que están suxeitos ás retencións que procedan e serán aboados por meses vencidos, ou a cantidade proporcional ao número de días de desfrute, os meses de inicio e finalización da bolsa.As persoas que obteñan a bolsa terán dereito a un seguro de asistencia sanitaria e de accidentes.

 

Máis información

AdxuntoTamaño
Bolsa de formación en planificación e prospectiva en materia de igualdade no ámbito da ciencia [pdf]117.09 KB