Axudas para os programas sectoriais de investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica

11/04/2008
Entidade: 
Consellería de Innovación e Industria-Dirección Xeral de I+D+i
Publicada en: 
DOG

Orde do 3 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de Investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (INCITE) e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

 

Máis información